A Cidade Amable

A Cidade Amable é un concepto urbanístico e de planificación que atende as necesidades das persoas que habitan unha vila. A Cidade Amable é a contraposición da Cidade das máquinas, onde para ser cidadán tes que posuír e usar un automóbil seguindo as lóxicas deste e facendo que sexa o rei absoluto.

A seguranza viaria e a importancia da velocidade. 


Para unha persoa que se despraza nun automóbil ou nunha motocicleta a velocidade so depende de premer un acelerador, e os riscos dependen en gran tempo30_20081medida do caparazón de metal que nos envolve. Pero para os peóns a velocidade dos automóbiles é cuestión de vida ou morte, a 30km/h en caso de atropelo só o 90% dos peóns sobreviven pero a 50km/h so sobrevive o 50% e a 70km/h é case imposible sobrevivir. Isto é especialmente grave no caso de maiores e nenos que teñen máis risco de atropelo.
Por iso, a cidade amable ten velocidade 30km/h, 20km/h ou incluso 10km/h.

Os pasos sobre elevados. A garantía da accesibilidade universal.

Na lóxica da cidade para as persoas é moito máis xusto que aqueles que van nunha máquina con motor suban e baixen que os que teñen dificultades ou carencias físicas fagan ese esforzo. Na arquitectura para as persoas o mellor elemento de deseño é a plataforma única, para garantir a accesibilidade universal pero de existir unha beirarrúa é mellor contar cun paso sobre elevado que facer rebaixes.

Os espazos verdes, ocio e lecer.

O espazo público é parte da nosa vivenda, do noso dereito como cidadáns, que teña calidade, que sexa verde, que sexa un espazo de estancia onde se faga vida. A lóxica da cidade do automóbil exixe que todo o espazo público sexa estacionar, circular, xirar, moverse… isto crea rúas que son corredores, a antítese dunha praza pública.
Debemos recuperar as árbores na cidade, os xardíns, o mobiliario urbano onde descansar, estar e conversar. O espazo público ten que deixar de ser propiedade dos donos dos coches.

Advertisements