A forma máis natural, saudable e sostible de desprazarse é camiñar. Todas somos peóns e precisamos accesibilidade, seguridade e espazos públicos de calidade.
A única forma de desprazamento autónoma para a cidadanía é camiñar. A cidade do pasado século configurouse facendo do coche o rei absoluto, pensando so nas formas de desprazamento motorizada, sacrificando o espazo público, a seguridade viaria, os espazos de ocio e lecer para permitir aos automóbiles circular con preferencia absoluta.
Entregamos as prazas e os parques para que os coches estacionaran, apartamos ao peón as beirarrúas, limitouse o seu desprazamento con semáforos, fíxose un reparto do espazo público inxusto e adaptamos velocidades de circulación perigosas á única medida das máquinas, inasumibles e perigosas os máis vulnerables.
E por riba, no único espazo que nos quedaba para camiñar con seguridade, á beirarrúa, enviaron á bicicleta porque a calzada non era segura para os ciclistas.
Polo tanto, Pedaladas firmou o manifesto: “La acera es peatonal” onde están Ecologistas en acción, ConBici, Stop Accidentes, Cermi, CCOO, Andando… e que define a beirarrúa como un lugar de convivencia e non unha canle de circulación de vehículos.
“Nós Camiñamos” é a resposta as necesidades de mobilidade de todas aquelas persoas que teñan dificultades de seguridade ou accesibilidade para defender os seus dereitos dunha forma coherente, ordenada e reivindicativa. Co fin de mellorar e aumentar as persoas que se desprazan da forma máis natural e sustentábel que é camiñar.