Os Peóns, Ciclistas e os Ciclantes

Nos últimos anos produciuse un gran aumento do uso da bicicleta na nosa. Como é lóxico este novo convidado no espazo público, a bicicleta, ten que atopar o seu lugar e a súa forma de convivencia co resto de formas de desprazamento.

Os usuarios de bicicleta son tan diversos como peóns ou condutores de vehículo a motor, temos persoas de todas as idades e  todas as condición físicas pero queremos remarcar dous grupos diferenciados, os “ciclistas” ou persoas que usan a bicicleta para facer unha activade deportiva e os “ciclantes” que son aquelas persoas que usan a súa bicicleta para desprazarse pola cidade substituíndo o seu vehículo a motor.

Os “ciclantes” son uns grandes aliados para a recuperación do espazo público porque están deixando de facer desprazamentos contaminantes, ruidosos e que requiren moito espazo público. Pero tamén ten a súa contrapartida, algúns están a facer un uso abusivo da beirarrúa nos seus desprazamentos urbanos. Por iso, compañeiro ciclante, procura non usar as beirarrúas, conquista o teu espazo na calzada, recorda a rúa tamén é túa.

Os “ciclistas” tamén están a conseguir de Pontevedra unha vila mellor. Os ciclistas normalmente se desprazan sen moito problema dentro do tráfico e cumpren un papel importante no acougado do tráfico, baixando as velocidades punta dos vehículos a motor. Pero aquí tamén temos unha contrapartida, os pasos de peóns que non son respectados por todos os usuarios de bicicleta. Ciclista recorda, a prioridade no paso de peóns e para os peóns, igual que no centro histórico e nas rúas con plataforma única.

A aposta de “Nós camiñamos” é clara, a bicicleta non debe usar as beirarrúas de forma xeneralizada, debe ocupar a calzada, os espazos de coexistencia  e os carrís bici deixando as beirarrúas para o desprazamento a pé e a estancia tranquila das persoas.

paseo dos gafos

– Recorda, coa bicicleta nos paseos, zonas verdes, parques e camiños circula a velocidade que poidas controlar a bicicleta, reduce a velocidade cando te acerques a un peón e sepárate como mínimo 1  metro xa que a bicicleta é moi silenciosa.

 

niños

– Cando leves aos nenos menores de 12 anos pola beirarrúa faino sempre con moito coidado e sempre que haia poucos peóns. É importante que o neno aprenda a convivir e entenda a diferencia entre una bicicleta usada como xoguete  e o vehículo que debe circular pola calzada. Os mellores lugares para aprender en Pontevedra son o centro de prioridade peonil, e illa do Cobo e os carrís bici que rodean a cidade.

 

curso

– Ensina aos rapaces a usar a bicicleta con responsabilidade e dilixencia. Recorda que Pedaladas fai cursos de condución segura para menores nos institutos. A bicicleta é unha moi boa forma de desprazarse por Pontevedra pero precisa que os seus usuarios teñan claro como circular de forma correcta e segura.

Peóns e ciclistas somos aliados naturais. O modo en que debemos vivir a cidade é convivindo no espazo público.

Advertisements