Móvete en Bicicleta, vente a Pedaladas

A bicicleta abre un mundo de posibilidades de ocio, deporte, mobilidade e cicloturismo. A asociación Pedaladas ten como misión a promoción dos hábitos activos e saudables de mobilidade. Asóciate e forma parte da alegre comunidade ciclista de Pontevedra.
cascada
A Asociación Pedaladas organiza saídas cicloturistas para os seus socios de diferentes niveis e dificultades. Temos saídas familiares pensadas paras os máis pequenos, saídas BTT para quen quere ver os montes da comarca, saídas ciclo culturais onde visitamos lugares de interese turístico e saídas deportivas pensadas para os que queren adestrar.

A Asociación Pedaladas promove a mobilidade activa na cidade de Pontevedra, organiza actividades lúdicas en bicicleta, colabora con entidades socias e administracións na cambio social cara unha mobilidade ecolóxica, saudábel e sustentábel  a través da bicicleta.